CRTVG

Buscar

Abre o segundo prazo de matrícula nas universidades, xa con 72 carreiras pechadas

Publicado o 18/08/2020 11:06

Hoxe ábrese o segundo prazo de matriculación para as carreiras, xa con menos oferta para os futuros universitarios. Setenta e dúas titulacións pecharon xa o seu número de prazas tras concluír o primeiro prazo de matriculación.

Segundo os datos facilitados pola Comisión Interuniversitaria de Galicia, 19 son graos dobres e 24 son titulacións con notas de corte por riba do 10. Neste segundo grupo están Medicina, Enxeñería aeroespacial ou Comunicación audiovisual. Este martes abrirase o segundo prazo de matriculación, que se estenderá ata as 23.59 horas do mércores.

Celso Rodríguez, delegado da USC na CIUG, explica como está situación na matrícula das carreiras cando se abre o segundo prazo e avanza que o terceiro se vai abrir o próximo venres.


 

Noticias web

18/08/2020