Levanta o pano o FITO en Barbadás
Publicado o 14/10/2020 11:59
O Festival Internacional de Teatro comeza co lema 'Cultura segura'. Desenvolverase ata o 25 de outubro no concello de Barbadás.
Este ano, pola covid-19, refórzase con compañías galegas. Estarán O premio, de La Quintana; O raro é que bailar sexa raro, de Andrea Quintana, e O diaño na praia, de Matarile Teatro.
No apartado de espectáculos a compañía El Mono Habitado do País Vasco ofrece Primatium. No apartado internacional, o festival reencóntrase co teatro de obxectos con Chaika, una producción chileno-belga.