CRTVG

Buscar

Abre o prazo para solicitar praza nas viaxes do Imserso

Publicado o 25/06/2019 12:46

Os pensionistas poden presentar a súa solicitude para participar no programa de turismo social do Imserso ata o vindeiro 10 de xullo. Só terán que facelo os que acceden por primeira vez ao programa ou os que desexan modificar algún dato. Participan máis de 300 hoteis no conxunto de España, e ofértanse 900.000 prazas agrupadas en tres lotes: Canarias, Baleares e turismo de interior e procedencia europea. Este último é o que ten maior demanda. As solicitudes incrementáronse un 7 por cento con respecto ao ano pasado.

Como novidade, na próxima temporada resérvase o 1 por cento das prazas para as persoas con recursos económicos inferiores ao importe das pensións non contributivas de xubilación ou discapacidade, subvencionadas ao 50 por cento.

As viaxes adxudicaranse na primeira quincena de xullo e comezarán a operarse en outubro. Será tras varios meses de incerteza polo recurso presentado pola patronal hoteleira aos pregos da licitación, ante os baixos prezos. Finalmente, Facenda desestimouno, e nas próximas semanas coñecerase que empresas, das tres que se presentaron ao concurso, se farán cargo da xestión das viaxes nas vindeiras dúas temporadas.

O obxectivo do programa do Imserso é facilitar a incorporación das persoas maiores ás correntes turísticas, e reducir, ao mesmo tempo, a estacionalidade do sector hostaleiro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019