CRTVG

Buscar

Abre o prazo para solicitar praza nas residencias universitarias da Xunta

Publicado o 16/05/2019 16:36

En total son 216 prazas, 74 delas en Lugo, 87 en Vigo e 55 en Ourense. Poderán concorrer a elas as mozas e mozos entre os 16 e os 30 anos que, por estudo ou traballo, teñen que permanecer fóra do concello onde teñen a residencia habitual.

É un réxime de internado e inclúe mantenza e aloxamento. Para a concesión das prazas terase en conta a renda, se estiveron internos o ano anterior e se se é de familia numerosa. Un 9% das prazas resérvanse a persoas que fagan unha actividade profresional e para vítimas ou fillos de vítimas de violencia machista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019