Abre o prazo para solicitar o ingreso mínimo vital
O ingreso mínimo vital (IMV) pode solicitarse desde este luns a través da sede electrónica da Seguridade Social e, cando sexa posible, nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social.
Segundo sinalou este domingo o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións nun comunicado, as solicitudes presentadas durante o primeiros tres meses terán efecto retroactivo desde o 1 de xuño e recoñecerase de oficio a prestación a case 75.000 familias que xa reciben axuda por menor a cargo. Estas recibirán o primeiro pagamento o próximo 26 de xuño.
Os potenciais beneficiarios poden informarse a través da páxina web da Seguridade Social ou o asesor virtua e poden acceder a unha ferramenta de simulación para comprobar se cumpren os requisitos.
Entre estes requisitos figura a vulnerabilidade económica, que o titular teña entre 23 e 65 anos -salvo cando haxa menores a cargo-, que teña máis dun ano de residencia legal e efectiva en España ou que o seu patrimonio, unha vez descontada a vivenda habitual, sexa inferior a tres veces a renda garantida anual para un fogar unipersoal.
O ingreso mínimo vital establece un nivel de renda garantizable de entre os 461 e os 1.100 euros mensuais en función do tipo de familia, que se alcanzan ao completar cunha axuda outros posibles ingresos.