Abre o prazo para solicitar axudas da PAC
Publicado o 18/02/2020 13:21
Uns 27.000 gandeiros e agricultores galegos poderán beneficiarse dos 216 millóns de euros de axudas da PAC, a Política Agraria Común.
As solicitudes pódense presentar desde mañá ata o 30 de abril, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.
Dos 216 millóns, 170 son para pagos directos da PAC e os outros 46 para medidas de desenvolvemento rural.
O Fondo Galego de Garantía Agraria, encargado de xestionalas, lembra que o obxectivo é reducir a diferenza entre a renda agraria e a urbana e potenciar prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.