CRTVG

Buscar

Abre o prazo para solicitar as axudas da Xunta ao alugueiro de vivendas

Publicado o 10/01/2019 21:18

A partir de mañá pódense solicitar as axudas da Xunta para o alugueiro de vivenda destinadas a colectivos especialmente vulnerables. Nesta nova convocatoria hai varias novidades.

Entre as máis importantes, que aumenta en 25 euros a contía mensual deste bono de alugueiro social, ata un tope de 225 euros nas cidades. Ademais, duplícase o importe total que se pode percibir, ata alcanzar os 16.800 euros, e duplícase tamén a duración máxima da axuda, que pasa dos 3 aos 6 anos.

Inclúese tamén un novo colectivo entre os beneficiarios: os residentes en vivendas da Sareb, o chamado banco malo, e outras entidades financeiras. Seguen podendo optar a este bono social os inquilinos de vivendas da Xunta, os que estean pendentes dun desafiuzamento ou as vítimas de violencia machista con dificultades económicas.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019