Abre o prazo para participar no Concurso Internacional da Camelia
Publicado o 28/02/2019 20:20
Galicia é a maior potencia produtora de Europa de camelia. Os días 9 e 10 de marzo vaise celebrar en Pontevedra o Concurso Exposición Internacional, que fai 55 anos. Con ese motivo e para promovelo, hoxe púxose a andar unha acción na rúa. Trátase dun escaparate photocall onde calquera cidadán poderá fotografarse, e subir as fotos máis creativas á Rede co cancelo #VisitCamelia19.