CRTVG

Buscar

Abre o prazo para participar en 'Lingua de namorar', un certame de microrrelatos de amor

Publicado o 14/02/2019 17:38

Dende hoxe e ata o 28 de febreiro está aberto o prazo para participar en 'Lingua de namorar', un certame de microrrelatos de amor enfocado aos máis novos e que este ano chega á súa oitava edición. Hoxe presentouse aproveitando unha data tan sinalada.

Hoxe, 14 de febreiro, é unha data sinalada no calendario para falar dun sentimento tan universal como é o amor, pero non todas as linguas son quen de expresalo igual. A galega ten algo especial.

Aproveitando este día, hoxe abriu o prazo para participar en 'Lingua de namorar', un certame de microrrelatos dirixido aos máis novos, aos que utilizan para expresarse as redes sociais.

Para os gañadores, atractivos regalos tecnolóxicos e aínda que os relatos se poden escribir en prosa ou en verso o que non poden é exceder os 350 caracteres.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019