Abre o prazo para a solicitude de axudas para a compra ou o alugueiro de vivendas
Buscan o acceso á vivenda impulsando o equilibrio territorial. Son axudas destinadas á adquisición de vivendas en ámbitos rurais. En concellos de menos de 5.000 habitantes e para menores de 35 anos .
Nas inmobiliarias confirman que son incentivos que moven o mercado. E piden axilidade tamén nos permisos para os inmobles que precisan rehabilitación.
Hai unha segunda liña de axudas específica para colectivos vulnerables. O bono de alugueiro social vixente ata o 10 de decembro. Extraordinario neste ano da covid, gozan del xa 900 familias.
E unha terceira liña, a da rehabilitación enerxética, en vivendas unifamiliares e edificios.
Pódense pedir ata o 31 de xullo. Cun máximo de 25.000 euros axudarán nun 50 por cento ás comunidades de veciños para adaptar a eficiencia enerxética das calefaccións, ventilacións ou climatización.