CRTVG

Buscar

Abre o prazo de inscrición para optar a 127 prazas en Navantia, en Ferrol

Publicado o 09/09/2019 13:35

Das 127 prazas que convoca Navantia para a ría de Ferrol, 42 son para titulados universitarios e 85 para candidatos con FP de grao medio e superior ou bacharelato.

Os interesados en acceder a calquera deses postos de traballo deberán inscribirse na páxina web da propia empresa, a través do portal de emprego.

Os titulados universitarios poderán inscribirse nos postos de técnicos superiores en áreas como enxeñería, produción, compras, planificación, calidade ou xestión industrial. Terán que dispor da titulación nalgunha das especialidades, grao ou máster, e un nivel de inglés B2 ou superior. Neste caso, o prazo de presentación das solicitudes remata o día 20 deste mes.

Para os postos dirixidos a candidatos de FP de grao medio e superior ou bacharelato, tamén será necesario ter a certificación académica de cada especialidade. Entre os postos que se ofrecen están os de electricista, axustador-montador, fresador, pintor, delineante e administrativo. Neste caso, o prazo para inscribirse é un pouco máis longo, remata o 27.

Os que consigan o posto terán un contrato temporal e a xornada completa.

Noticias web

09/09/2019