CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Abre no Temple de Cambre o primeiro Cat Café de Galicia

Publicado o 30/04/2017 21:28

Acaba de abrir a primeira cafetería felina de Galicia. Está en Cambre e ofrece a posibilidade de tomar algo mentres interactúas cos gatos nun espazo especialmente adaptado para eles no local. House of Cat colabora con varias protectoras para impulsar a adopción de animais abandonados.

Son gatos rescatados da rúa. A familia de House of Cat recolleunos, coidounos e creou para eles este oasis felino nunha cafetería na que calquera animal ben educado é benvido. A zona dos gatos ocupa un espazo independente, tranquilo e adaptado ás súas necesidades. Din que compartir tempo con eles ten un efecto relaxante e mesmo terapéutico.

Traballan con varias protectoras de animais. Queren impulsar a adopción de gatos abandonados coa axuda dos clientes que cada día visitan o local e que teñen a opción de facerse socios para colaborar. É o primeiro Cat Café que abre en Galicia. A idea vén importada do Xapón, onde comezaron a funcionar nos anos 90.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí