CRTVG

Buscar

Abre no Porto o primeiro restaurante do Grupo Nove fóra de Galicia

Publicado o 08/10/2019 21:36

Nova imaxe, novas alianzas e novos proxectos para reforzar e difundir a nosa gatronomía. Así comeza unha nova andaina do Grupo Nove. En total son 22 cociñeiros, entre os que figuran 8 estrelas Michelin. Abren un restaurante efémero durante un mes na cidade do Porto e ofrecen un menú composto por nove pratos e todo con produto galego.

En 2003 comezaron unha travesía nove tripulantes e denomináronse Grupo Nove. Hoxe son xa 22 cociñeiros e entre eles hai 8 estrelas Michelin. Teñen novas ideas e inician unha nova etapa con proxectos ambiciosos. O primeiro deles é o restaurante Nave Nove.

Trátase dun menú degustación que percorrerá a gastronomía galega a través de 9 pasos. Aperitivos baseados en bivalvos, pratos de crustáceos, peixe azul e branco, carne de porco e vaca, e sobremesas relacionadas co outono e a castaña. Un menú que contará cos mellores produtos galegos.

A intención é que o restaurante rote para amosar a cociña do Grupo Nove fóra de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019