CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Abre en Santiago La Galiciana, o primeiro mercado gastronómico de Galicia

Publicado o 22/08/2018 15:29



Amplíase a oferta gastronómica en Compostela. Esta mañá abriu o mercado La Galiciana, espazo en que podemos atopar 16 propostas que inclúen unha polbeira, un vexetariano, un italiano ou unha cervexaría, entre outras. Vexan e tomen nota.

1.200 metros cadrados e dous andares. É o espazo que ocupa o mercado gastronómico La Galiciana, un proxecto que leva dous anos e medio xerándose ata poder abrir hoxe as súas portas ao público. A marca Galicia está moi presente.

E así ata sumar 16 postos. A maioría é de comida pero se o que lles apetece é tomar un vermú, cervexa, algún licor galego ou mesmo un xeado, tamén aquí poderán atopalo. Ante unha oferta tan variada, non vai ser difícil atopar algo que se axuste ás nosas preferencias.

Os primeiros en achegarse ao mercado amósanse gratamente sorprendidos pola iniciativa e recomendan visitalo.

O mercado tomou o nome de La Galiciana en homenaxe aos emigrantes galegos en Cuba, que denominaban así as festas en que se xuntaban.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí