CRTVG

Buscar

Abre en Narón unha droguería ecosostible

Publicado o 23/07/2020 21:11

Marga Rodríguez Paz e a súa parella levaban máis dun ano madurando abrir un negocio de produtos de limpeza ecolóxicos. A pandemia colleunos cando estaban a finalizar todos os trámites. Aínda así decidiron arriscarse

 Marga Rodriguez Paz, propietaria da droguería ecosostible "Ao final era para abrir en febreiro, pero cando demos solucionado, enviamos as solicitudes declarouse o estado de alarma, co cal abrimos cando puidemos case obrigados, porque unha ve que tiñamos todo preparado pois dixemos agora para adiante"

A tenda está en Narón é a única deste tipo en toda a comarca. No establecemento véndense produtos de limpeza de fogar e tamén de hixiene persoal. Todos son biodegradables e hipoalerxénicos e véndese a granel, por quilo ou por gramos.

"Pois iso, lavalouzas, quitamanchas e deterxentes de diferentes tipos segundo as necesidades de cada un. Temos un sistema base con aromas, podes levar a base e logo permumalo ao teu gusto

Os produtos poden dispensarse nos envases que os clientes levan da súa casa"Tamén nos parecía moi importante o aspecto de reducir o plástico porque hoxe en día é un problema ao que temos que poñer solución"

Así ao aforrarse o envase, o etiquetado e a embalaxe, abarátase o prezo do produto. A tenda dispón tamén dun punto de recollida de envases para ser reutilizados.
 

Noticias web

23/07/2020