Abre en Lugo unha nova oficina de información ao emigrante retornado
Mais de 7000 emigrantes retornaron a Galicia o ano pasado. Unha nova oficina que se acaba de inaugurar en Lugo, a terceira en Galicia, ofrecelles a primeira axuda, e, posiblemente, a mais importante: información.
O secretario xeral de Emigración destacou que a maioría dos retornados son persoas en idade laboral e iso é bó para Galicia.
Venezuela é, hoxe por hoxe, o pais do que proceden a maioría dos retornados. A crise humanitaria que vive o pais non é allea a este éxodo. Carina, filla de galegos, veu facer un máster, aproveitando as axudas do goberno galego.
Asegura que, tanto ela como a sua familia, víronse obrigados a buscar unha nova patria porque o seu pais lle pechou todas as oportunidades.
A escaseza tamén trouxo de volta a Maria Elena, unha decisión que, ainda así, lle resultou dificil de tomar. "Xa non me vendían nin gas nin comida porque non era do partido do Goberno", asegura. Agora, desde Lugo axudan a outros a adaptarse a unha nova vida