Abre en Cambados o Museo Ramón Cabanillas
Publicado o 03/06/2021 21:40
Un Cabanillas novo e menos coñecido convídanos a entrar. Os versos do poeta mergúllannos no seu legado.
Non podería estar noutro lugar máis ca en Cambados, a súa vila natal. Chegar á meta ten un premio colectivo. A oportunidade de redescubrir a Cabanillas a través da súa obra, personalidade e historia.
Tamén a súa máscara fúnebre, a mesa onde escribiu nos últimos tempos, imaxes, o único vídeo que existe del, cartas... Admirado polos seus coetáneos, o gran poeta das Irmandades da Fala é o primeiro autor monolingüe da nosa historia recente.
Unha personalidade que o Museo nos convida a coñecer a traves da luz do poeta e das ás do galego.