CRTVG

Buscar

Abre en Caldas o cámping do Portamérica

Publicado o 03/07/2019 21:46

Coa montaxe a piques de rematar, Caldas xa vive o ambiente do PortAmérica. Os dous escenarios esperan as grandes actuacións e a chegada de xente que se prevé dende o xoves ata o sábado. Máis de 2.000 persoas acamparán no cámping do festival, que recibiu hoxe os máis novos, os primeiros hóspedes.  Alfonso Piñeiro, Responsable do cámping do Portamérica di que "xeralmente o perfil é de xente máis nova e de xente duns 25 para abaixo, hainos de máis idade pero son maioría os de menos".

Os máis madrugadores téñeno claro. A música, o río pero sobre todo o ambiente é o motivo que os trae a acampar os tres días de festival.

Veñen con tendas de 2, de 4, ou mesmo de 6 persoas pero é o de menos, porque en poucas horas, un dos festivais impresicindibles do verán dará o seu tiro de saída.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019