CRTVG

Buscar

Inaugúrase en Maceda o Museo do Médico Rural en lembranza destes profesionais

Publicado o 07/07/2019 16:41

Os médicos rurais percorrían quilómetros a pé ou dacabalo para chegar ata os doentes en lugares moitas veces case inaccesibles. Eran e seguen sendo parte fundamental da realidade das nosas aldeas. Agora un museo en Maceda quere por en valor a súa dedicación e o seu traballo. 

E o certo era que ser médico rural a principios do século XX non era cousa sinxela. O salario era un problema, ata ben entrada a década dos corenta cobraban o seu traballo en especies a través das igualas. Non tiñan un horario definido e chegar ata os seus pacientes podía levarlles horas. Aínda así conseguiron ser pioneiros en moitos aspectos.

José Manuel Lage foi médico durante 40 anos. Nese tempo foi quen de compilar unhas 2000 pezas que son xa historia da medicina: un dos primeiros raios Xe que chegou a provincia de Ourense nos anos 30, unha botica do 1920 ou un ecógrafo dos anos 80. Todo para contar as historias destes médicos que foron todo un referente durante décadas.

Aquí non faltan nin os manuais, nin un despacho dos anos cincuenta, nin sequera as viñetas de Forges da historia da medicina. O museo dín, non para de medrar, e a idea é que o siga facendo nos vindeiros anos.

Noticias web

07/07/2019