CRTVG

Buscar

Abre as súas portas en Burela unha nova edición de Expomar

Publicado o 09/05/2019 16:13

Armadores, sindicatos, confrarías... todos van ter voz nas xornadas que se celebran en Expomar para analizar a situación do sector pesqueiro. Un punto de encontro en que se analizará a realidade económica e social do sector.

Mañá haberá tamén un encontro empresarial de organizacións pesqueiras e por primeira vez vaise celebrar aquí un pleno do Consello Galego de Pesca. Máis de trescentas marcas relacionadas co sector pesqueiro e naval participan en Expomar que este ano ampliou a superficie de exposición ata os 4.000 metros cadrados.

Nesta edición volve ser fundamental a presenza de marcas internacionais e das empresas transformadoras de peixe. Pero a oferta é moi ampla.

 

 

 

Noticias web

09/05/2019