Abre as súas portas EDUGAL, o salón que oferta formación para un futuro laboral
Está chamado a ser o salón educativo de referencia de Galicia tras nove anos dando resposta ás necesidades de información sobre toda a oferta formativa que podemos atopar na nosa terra.
"Todas as universidades de Galicia, practicamente todos os centros de Formación Profesional, escolas de Artes e Oficios, centros de mergullo, o Ministerio de Defensa tamén está, é dicir, está aquí mostrado todo o que é a formación educativa dentro de Galicia" comenta Conchi Pereiro, directora de EDUGAL.
Nun espazo de 4.000 metros cadrados, 60 expositores tratan de conquistar un público sobre todo novo que vén buscando unha orientación para o seu futuro.
"Teño moita información e creo que nos axuda para que o ano que ven saibamos onde ir e coñecer cousas novas. Eu non coñecía a maioría dos talleres que había aquí e me pareceu moi interesante", apunta unha rapaza
Pilotar un avión pode ser unha opción. Os que así o desexen terán que formarse na Coruña.
"Agora mesmo é unha saída diferente, un mundo que é apaixonante e poder traballar nunha compañía aérea a nivel europeo", fala David Fernández, director de Operacións da escola de pilotos AFN.
Por diante quedan 3 días repletos de charlas, xornadas técnicas e obradoiros, todo un esparate para dar a coñecer o que Galicia nos ofrece en materia de formación académica.