CRTVG

Buscar

Abre ao público a xeoda xigante de Almería, a máis grande do mundo

Publicado o 05/08/2019 20:31

Hoxe abriu ao público a coñecida como Mina Rica de Pulpí, en Almería, que agocha a xeoda máis grande descuberta ata o de agora no mundo.

Trátase dunha cova formada por cristais de xeso transparente con formas xeométricas, que teñen ata dous metros de largo e tardaron máis dun millón de anos en formarse.

A xeoda xigante descubriuse no ano 1999, pero non se podía visitar. A partir de agora converterase nun dos principais reclamos turísticos de Almería.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/08/2019