CRTVG

Buscar

Abre ao baño a praia do Portiño, na Coruña, que fora pechada por contaminación

Publicado o 29/08/2019 14:40

A coruñesa praia do Portiño xa é apta para o baño despois de permanecer pechada varios días pola presenza da bacteria E.coli na auga. As últimas análises realizadas pola Consellería de Sanidade indican que o nivel desa bacteria descendeu considerablemente polo que xa non supón un risco para a saúde dos bañistas. Deste xeito, e tras os resultados das análises, xa foi retirado o cartel en que se recomendaba nos bañarse nesta praia por contaminación temporal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019