CRTVG

Buscar

Abre a central loxística de Amazon no Porriño, con 40 traballadores

Publicado o 17/10/2019 15:29

Amazon comezou hoxe a súa actividade neste centro de almacenaxe e repartición situado no Porriño. Desde primeira hora da mañá puidemos ver un constante movemento de furgonetas que saían destas instalacións cargadas coas entregas para os seus clientes.

O centro arranca cun cadro de 40 traballadores que se vai reforzar en momentos determinados, como a campaña de Nadal ou durante o período de rebaixas. Como dicimos, é o primeiro día de traballo neste primeiro centro da multinacional en Galicia, co que a empresa pretende axilizar as entregas do seu negocio online na área de Vigo e Pontevedra.

Desde este xoves nesta nave de case dous mil metros cadrados ubicada no Porriño cárganse os vehículos responsables de realizar as entregas aos clientes do xigante das compras en liña. A central loxística da multinacional abriu as súas portas por primeira vez en Galicia. Desde as asociacións de empresarios salientan a creación de emprego e a dinamización da economía.

Desde primeira hora o ir e vir de furgonetas é constante na estación loxística coa que se queren axilizar os repartos na área de Vigo e Pontevedra. O centro arrancou cun cadro de persoal de corenta traballadores, que se reforzará en campañas determinadas como a de Nadal ou as rebaixas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019

Máis sobre o porriño