CRTVG

Buscar

Abre a campaña de libre marisqueo na ría de Arousa con polémica e con malas perspectivas

Publicado o 18/10/2021 14:05

A campaña nas zonas de libre marisqueo da ría de Arousa empeza con malas perspectivas, a xulgar polas mostraxes que se fixeron nos días previos.

Parece que será pobre nos Lombos do Ulla, onde esta mañá había unhas poucas embarcacións cando outros anos eran varios centos. Tampouco parece boa en Cabío e preséntase algo mellor na zona do Bohído, entre Vilanova e a illa de Arousa.

A campaña empeza tamén con polémica porque moitas confrarías están desconformes coa xestión do libre marisqueo.

1.300 barcos dos doce pósitos da ría de Arousa están incluídos nos plans de explotación. Ante as malas perspectivas, algunhas confrarías como a de Aguiño prefiren seguir traballando nas súas zonas.

Noticias web

18/10/2021