CRTVG

Buscar

Abraham Cupeiro e a orquestra Filharmónica de Pontevedra ofrecen o concerto traficional de Aninovo no Pazo da Cultura

Publicado o 01/01/2021 21:42

Tamén é tradición, en Pontevedra, o concerto de Aninovo no Pazo da Cultura. Este ano a cargo do músico e solista Abraham Cupeiro e da orquestra Filharmónica de Pontevedra. Ofreceron unha viaxe musical polo planeta con instrumentos de todos os tempos, incluso prehistóricos, coma unha trompeta celta que evoca o son do mar. Interpretáronse pezas como valses ou polcas, nesta ocasión, entre medidas estritas de seguridade e sen descanso para garantir a distancia interpersoal.

Noticias web

01/01/2021