CRTVG

Buscar

Abordan un veleiro cunha tonelada de cocaína preto das illas Azores

Publicado o 24/06/2021 08:07
Abordan un veleiro cunha tonelada de cocaína preto das illas Azores

A Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira abordaron un veleiro que transportaba unha tonelada de cocaína. A abordaxe do veleiro, que saíu do Caribe a principos de xuño, levouse a cabo en augas do Atlántico, preto das illas Azores, o domingo pasado. Os axentes prenderon sete persoas. Tres delas eran tripulantes da embarcación, que tiña como destino un porto de Andalucía. O valor da droga incautada superaría os 30 milóns de euros.

Noticias web

24/06/2021