CRTVG

Buscar

Aberto o primeiro tramo da autovía Lugo-Ourense

Publicado o 23/09/2020 14:37

Esta mañá entraron en servizo os primeiros 9 quilómetros da autovía A-56, que unirá as cidades de Lugo e Ourense. Unhas obras que comezaron no 2009, pero que estiveron paralizadas seis anos a causa dos recortes orzamentarios.

Á inauguración deste tramo, que une Carballedo con Vilamarín, asistiu o secretario de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Transportes. A Xunta manifestou a súa indignación por non ser informada da apertura desta infraestrutura que consideran prioritaria para Galicia. O delegado do Goberno di que se trata dunha obra do Ministeiro e quitoulle importancia a este feito.

Noticias web

23/09/2020