CRTVG

Buscar

Aberto o prazo para solicitar matrícula na universidade e en FP

Publicado o 24/06/2019 14:22

Dos nervios do exame... ás présas por coller praza. Ata o 2 de xullo, os que o desexen poderán solicitar praza de ciclo superior na FP e na universidade.

Este ano estréanse 5 carreiras novas, como Ciencia e Enxeñaría de Datos na Universidade da Coruña ou a de Robótica no Campus de Lugo da Universidade de Santiago.

A FP estrea novos ciclos como o de Acondicionamento Físico, Mantemento Aeromecánico de Avións con Motor de Turbina e Vestiario á Medida de Espectáculos. Neste ano, a orde de peticións segundo a nota segue a ser fundamental para obter praza e só se poderán solicitar por Internet a través da aplicación Nerta.

Para os que non poidan acceder dende a casa terán ao seu dispor ordenadores nos institutos públicos. O día 5 de xullo estará dispoñible a listaxe provisional de admitidos para ciclos superiores e o 16 de xullo para as carreiras universitarias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019