CRTVG

Buscar

Aberto o prazo para solicitar as axudas da IGAPE para a contratación de profesionais 4.0 menores de 35 anos

Publicado o 07/08/2019 12:36

Hoxe abriuse o prazo para solicitar axudas á contratación de menores de 35 anos para impulsar a industria 4.0 e crear fábricas máis intelixentes.

É unha liña que pon en marcha a Xunta a través do IGAPE, cun importe total de 2 millóns. E poden solicitar as subvencións, ata o 7 de outubro, empresas, asociacións e autónomos.

A previsión é que contraten 140 mozos universitarios ou cunha FP superior, que traballarán en plans de mellora da transformación dixital.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019