CRTVG

Buscar

Aberto o debate para a reconstrución de Notre Dame

Publicado o 17/04/2019 19:32

A devastación de Notre Dame abriu en Francia o debate sobre como reconstruír a catedral. O Goberno anunciou hoxe un concurso internacional de arquitectos, horas despois de que as grandes fortunas e multinacionais francesas comprometeran máis de 700 millóns de euros.

Centos de persoas concentráronse esta noite á beira do Sena para renderlle tributo a Notre Dame.

A vixilia celebrouse preto da catedral parisiense onde seguen os traballos que garantan a seguridade da estrutura e permitir despois a entrada dos expertos que deben avaliar os danos.

Á espera desta avaliación, o país debate como facer unha reconstrución tan complexa; para uns ten que ser idéntica á que se incendiou. Outros cren que debe facerse con materiais ignífugos do século XXI porque se trata ademais dunha catedral que ten partes de distintas épocas.

En calquera caso, o ministro de Cultura asegurou que será máis fermosa despois da reconstrución.

O Papa tivo palabras de recoñecemento para todos os que arriscaron as súas vidas para salvar a catedral.


O Goberno reuniuse hoxe para tratar unicamente sobre Notre Dame e para anunciar un concurso internacional de arquitectos para a súa reconstrucción.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2019