CRTVG

Buscar

Aberto ata o 15 de maio o prazo de axudas á instalación de enerxías renovables

Publicado o 04/02/2020 13:11

Só nove días despois de abrir o prazo, as solicitudes para instalar enerxías renovables duplican xa as do ano pasado.

As axudas poden tramitarse ata o 15 de maio, en réxime de concorrencia non competitiva, é dicir, iranse atendendo por orde de chegada.

Para vivendas particulares, as subvencións chegan ao 50%, cun máximo de 5.500 euros para as unifamiliares e de 25.000 para os proxectos colectivos.

As axudas para granxas oscilan en función do seu tamaño: o 35% para as grandes e o 55% de subvención para as pequenas.

A cantidade máxima subvencionada é de 100.000 euros por proxecto e 300.000 por empresa.

Nas próximas semanas tamén se porán en marcha estas axudas dirixidas a empresas, administracións locais e universidades.

 

 

Noticias web

04/02/2020