CRTVG

Buscar

Abertas todas as hipóteses na busca de Belén Rodríguez Estévez

Publicado o 21/04/2017 13:58

O último dato coñecido é a súa presenza na vivenda que posúe na rúa Cardeal Quiroga, onde deixou a documentación e o coche aparcado no garaxe

Belén Rodríguez Estévez está desaparecida desde hai dúas semanas. A policía ten constancia do feito desde hai dous días, cando o seu irmán presentou denuncia na comisaria. Os primeiros pasos da investigación policial permiten cualificala como unha desaparición de alto risco.

Belén Rodríguez posúe un salón de peiteado nas Galerías Centrais, no centro de Ourense, que permanecía precintada pola Policía Nacional. Tamén rexentaba esta casa de turismo rural na localidade da Anagaza, na Pobra de Trives. Un veciño aseguraba esta mañá que hai máis dun mes que non visita a súa vivenda.

A policía, que non descarta ningunha posibilidade, está a traballar inicialmente no círculo próximo da desaparecida. Sábese que na Semana Santa non atendeu as reservas que tiña na súa casa de turismo rural perto da estación de montaña de Manzaneda.

Belén Rodríguez foi vista por útima vez na súa vivenda da rúa Cardeal Quiroga. Na casa quedaron todos os documentos persoais, a súa carteira e tamén as chaves do coche que está aparcado no garaxe da vivenda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017