CRTVG

Buscar

Aberta unha investigación por homicidio pola morte dun home en Chapela

Publicado o 03/02/2021 14:57

O Xulgado de Instrución número 2 de Redondela declarou aberta unha investigación por homicidio en relación coa morte do home que apareceu atado na súa casa de Chapela o sábado pasado. O cadáver estaba inmobilizado de pés e mans, boca abaixo e coa cabeza tapada.

Na vivenda non había sinais de loita nin os accesos estaban forzados. Continúan as investigacións e o caso mantense baixo segredo de sumario.

 

Noticias web

03/02/2021