CRTVG

Buscar

A Feira do Autocaravaning de Galicia ofrece en Vilagarcía as últimas novidades do sector

Publicado o 07/04/2019 19:03

Viaxar coa casa ás costas, o turismo de caravana, é un mercado en auxe que está a crecer a un ritmo do 30% nos últimos anos.Desde o xoves e ata as oito desta tarde expóñense en Vilagarcía 150 caravanas, autocaravanas e campers, na Quinta Feira do Caravaning de Galicia.

Ofrecen outro xeito de viaxar que engancha e que cada vez ten máis adeptos.

A V Feira do Caravaning de Galicia amosa desde o xoves en Vilagarcía as últimas novidades, desde autocaravanas de gama alta, coma esta para catro persoas, que anda polos cen mil euros; ata campers que inclúen baño e ducha. A que vemos, tamén de catro prazas, custa arredor de cincuenta mil.

A feira expón tamén vehículos de alugueiro. En función do tamaño e da temporada en que se aluguen, os prezos van de 75 a 140 euros para campers e entre 90 e 230 euros para as autocaravanas.

Galicia é unhas das comunidades con máis áreas para autocaravanas. Os amantes desta forma de turismo quéixanse, porén, de que hai concellos que se resisten, como Vigo e Ourense, e subliñan que son unha fonte de ingresos. A Asociación de Empresarios do Caravaning de Galicia calcula que os viaxeiros dunha caravana deixan como mínimo ao día cen euros nos sitios nos que paran.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/04/2019