CRTVG

Buscar

Abel Caballero sobre pactar cos independentistas: "Con eles nin a tomar café"

Publicado o 13/07/2019 21:16

O ministro de Asuntos Exteriores en funcións negaba hoxe que o PSOE esté "xogando" a eleccións... Josep Borrell defendeu que España "necesita un Goberno canto antes" e asegurou que "volver votar non é a solución". Fixo estas declaracións na clausura da escola de verán do PSC en Barcelona. Alí pediu ao resto de partidos que faciliten a reelección de Pedro Sánchez, xa que a única alternativa, dixo, é "o bloqueo".

A dez días da primeira votación de investidura, os socialistas enfróntanse a vindeira semana á recta final de previsibles negociacións con Unidas Podemos, coincidindo coa consulta da formación morada ás bases, que remata o xoves e que é vinculante. Unha consulta que suma máis críticas internas... O ex-secretario xeral de Podemos na comunidade de Madrid, Ramón Espinar, a través da súa conta en twitter aseguraba hoxe que "a consulta plantexada pola dirección de Podemos non ten un pase".

Neste escenario, o socialista Abel Caballero rexeitou unha investidura cos apoios de ERC, EHBildu e Junts Per Catalunya, e criticou o que considera unha "dobre vara de medir" de PP e C's

Desde Ciudadanos dinlle a Pedro Sánchez que se deixe de "marear a perdiz" porque xa ten asegurados os apoios para ser investido: o de Podemos e o dos nacionalistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019