CRTVG

Buscar

Abel Caballero ofrece cachos da grada de Marcador a quen o solicite como lembranza

Publicado o 20/08/2021 21:35
Abel Caballero ofrece cachos da grada de Marcador a quen o solicite como lembranza

Balaídos está a piques de converterse nunha versión do Muro de Berlín, salvando as distancias. En plena demolición, agora tócalle a quenda á grada de Marcador que xa se transformou en escombro quedando para o recordo.

Unha lembranza do Celta de Vigo que pode ser permanente porque o alcalde da cidade, Abel Caballero, ofrece un cacho de pedra desa grada de Marcador a todo afeccionado que o solicite contactando coa alcaldía do consistorio.

Noticias web

20/08/2021