CRTVG

Buscar

Abel Caballero: "Cos canóns de neve imos poder esquiar na alameda"

Publicado o 06/11/2019 15:50

Comeza a instalación da nora para o Nadal no centro de Vigo. Dende esta noite, sete camións cortan rúas na confluencia de Colón co Areal. Alí van levantar esa nora de, nada máis e nada menos, ca 60 metros. Abrirana o vindeiro día 24. Será unha das grandes atraccións do ambicioso Nadal vigués. Pero o alcalde, que visitou a zona, insiste en que haberá moito máis.

Abel Caballero falou dos canóns de neve que haberá ao lado da nora, na alameda. E non crean que botarán unha neve exclusiva para nenos e nostálxicos, porque o alcalde mesmo fala de deportes alpinos.

"E cos canóns de neve imos poder esquiar na alameda. O ano que vén quéroos nas costas abaixo de Vigo para baixar facendo un slálom, os canóns de neve. Eu estou xa aprendendo a esquiar, que non esquiei na miña vida, debo dicir".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019