CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

'ABC' e 'El Mundo' cuestionan o tribunal que avaliou a tese

Publicado o 14/09/2018 14:43
Pero os xornais que acusan o presidente do Goberno de plaxiar a tese reafírmanse nas súas informacións.

'ABC' sinala que Sánchez descargou na tese dous textos que previamente escribira cun membro do tribunal que despois lle outorgou o 'cum laude'. O xornal advirte no seu editorial que non se vai retractar, e que non cederá ás presións do presidente.
'El Mundo' tamén cuestiona o tribunal que avaliou a tese, formado, di o diario, por afíns e novatos. E anuncia que vai seguir investigando presuntas irregularidades.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí