CRTVG

Buscar

A convocatoria extraordinaria da ABAU realízase por primeira vez en xullo

Publicado o 10/07/2019 22:16

Era a imaxe máis repetida neste primeiro día da convocatoria extraordinaria das probas da ABAU: Alumnos dando os últimos repasos antes de comezar o exame e tentando calmar os nervios.

3.080 alumnos estreaban esta mañá a convocatoria extraordinaria das probas, que por primeira vez este ano se realiza en xullo, xusto un mes despois da primeira convocatoria. Iso supón ter a materia moito máis recente para os que se presentan para subir nota.

Celso Rodríguez, Presidente da CIUG, explica que ao realizarse a convocatoria extraordinaria un mes despois da primeira, os alumnos matriculados aumentou un 20%, sobre todo nas materias optativas para subir a nota.

Esta tarde foi a quenda dos exames de lingua galega e primeira lingua estranxeira. E as sensacións dos alumnos non foron para todos igual.

Rematada a xornada de hoxe, agora quédanlles aínda dúas máis para examinarse das materias específicas. Os que aproben saberán o 19 de agosto a que carreiras poden optar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2019