CRTVG

Buscar

Quenda para as materias específicas no segundo día da ABAU

Publicado o 13/06/2019 14:29

Neste segundo día das probas de ABAU, é a quenda dos exames de modalidade e optativas. Tras a intensa xornada do día anterior, os alumnos veñen máis calmados e con mellor ánimo para levar a cabo as probas que lles quedan.

A seguridade que se implanta durante estas xornadas é ríxida e rigorosa, para así evitar que os tramposos poidan obter uns bos resultados sen respectar as normas.

Dentro da tónica xeral de normalidade, o exame de Fundamentos da Arte trouxo certa polémica.

12 son os exames que están dispostos para o día de hoxe.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019