CRTVG

Buscar

Abatido o soldado tailandés que matou 25 persoas nun centro comercial en Tailandia

Publicado o 09/02/2020 12:21

A policía tailandesa abateu este domingo un soldado que matou polo menos 25 persoas e feriu outras 40 nun centro comercial. O soldado foi abatido tras varias horas de enfrontamento coas forzas da orde. O militar, de 32 anos, publicara fotos e vídeos do ataque nas redes sociais. 

Entrara no centro comercial na tarde do sábado. Durante 14 horas estivo rodeado por ducias de policías e militares que pasaron a noite axudando a saír do centro comercial persoas que conseguiran agocharse do francotirador.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí