CRTVG

Buscar

Abastecemento garantido da horta galega

Publicado o 26/03/2020 17:31

Coas medidas de seguridade necesarias, pero sen parar o proceso habitual de traballo.

Cultivos para a temporada de verán, unha vez que entra na súa fase final a comercialización dos cultivos de inverno como acelga ou espinaca. O aumento inicial de compra nos supermercados chegou a cifras dun 30 por cento máis do habitual nesta época, pero a tendencia é á normalidade.

Nunha situación de excepción coma esta, Galicia conta cun sector fornecido que garante a subministración.

A soberanía alimentaria imponse nos produtos da horta e amosa a importancia do sector primario galego.

Noticias web

26/03/2020