Abascal di que os gobernos co PP non perigan malia a "agresión" de Casado
Publicado o 23/10/2020 12:10
Seguen os ecos da moción de censura. Primeira reacción de Santiago Abascal, despois de perder a votación.
O líder de Vox confesaba que se sente traizoado polas acusacións e a agresividade, dixo, do discurso de Pablo Casado, pero asegurou que iso non vai ter consecuencias políticas.