CRTVG

Buscar

Abandono, lixo e ocupantes ilegais na estación de autobuses de Vilalba

Publicado o 20/06/2019 14:09

Esta é a estación de autobuses de Vilalba. Inaugurouse en 1991 pero agora case 30 anos despois semella unha estación fantasma. As súas portas están abertas para recibir os viaxeiros, pero está totalmente abandona e chea de lixo, e ninguén se atreve xa a entrar nestes aseos. É unha empresa de autobuses a que ten a concesión para a xestión destas intalacións de titularidade da Xunta, pero tampouco hai persoal que atenda os viaxeiros.

O estado de abandono é tal que as instalacións convértense no refuxio de persoas sen teito e ocupantes ilegais. Nunha das salas mesmo hai montado un cuarto en que hai dende colchóns e alfombra ata alimentos, roupa e mesmo un pequeno televisor. A estampa non é nova para os veciños, pero sorprende especialmente os viaxeiros de fóra.

Con este panorama, xa ninguén entra e todos agardan o autobús na dársena, pero fóra a zona tamén está chea de lixo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019