CRTVG

Buscar

Abandona o hospital unha paciente de covid que estivo 315 días ingresada

Publicado o 16/02/2021 21:09

Este é o momento despois de dez meses, 315 días e moita incerteza. Elsa Lomas abandona o hospital sendo a paciente máis lonxeva. Case un ano en que a covid a tivo a metade do tempo na UCI, requiriu ventilación mecánica e volveu á planta con múltiples secuelas. Dez meses, 315 días despois, este luns volve á casa.

Elsa é o exemplo de todo o grave que lle pode pasar a un paciente de coronavirus. Padecía un linfoma non Hodgkin e a covid derivou en complicacións como infarto cerebral, trombose ou múltiples infeccións.

Case un milagre, recoñecen tanto Elsa como a familia, imposible sen o traballo e o cariño dos 300 sanitarios que a atenderon. Son eles os que a despiden un día antes do seu aniversario. Elsa fai mañá 53 anos. Na casa, cos seus. Moito que celebrar.

Noticias web

16/02/2021