CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Abanca ten moitas posibilidades de facerse coa filial en España do banco portugués Caixa Gera

Publicado o 11/09/2018 21:31





A galega Abanca ten moitas posibilidades de facerse coa filial en España do banco portugués Caixa Geral. As candidaturas finais da poxa xa se presentaron para facerse con máis de 100 oficinas. Alberto Mancebo.



Abanca perfílase como a candidata mellor situada para facerse co Banco Caixa Geral España. As candidaturas para á compra da filial española do maior grupo bancario portugués presentáronse nas últimas horas. Cajamar e un fondo estadounidense son as outras dúas finalistas. Quen gañe, iso decidirase dende lisboa, farase cunha rede de 110 oficinas. 35 delas en Galicia, a maioría na provincia de Pontevedra. Caixa Geral tamén ten un gran número de sucursais en extremadura e Madrid. En total conta con 500 empregados cuns activos que superan os 5200 millóns de euros. De resultar Abanca a gañadora selaría a súa segunda gran operación en só un ano despois de pechar en abril a compra a rede minorista de Deutsche Bank aquí en Portugal con 41 oficinal comerciais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018