CRTVG

Buscar

Abanca rexistra un beneficio atribuído de 209,8 millóns de euros os nove primeiros meses de 2021

Publicado o 21/10/2021 09:43
Abanca rexistra un beneficio atribuído de 209,8 millóns de euros os nove primeiros meses de 2021

Abanca rexistrou un beneficio atribuído de 209,8 millóns de euros durante os nove primeiros meses do 2021, un 46 % máis respecto a un ano antes, grazas fundamentalmente ao aumento dos ingresos recorrentes, ao control de gastos e á contención do custo do risco. En concreto, os ingresos recorrentes seguen gañando peso trimestre a trimestre na conta de resultados de Abanca, segundo resaltou a entidade.

Abanca resaltou que afronta a etapa de recuperación e transformación da economía desde unha posición de fortaleza financeira acreditada pola "máxima" calidade dos seus activos e a súa "cómoda" posición de liquidez.

Noticias web

21/10/2021