CRTVG

Buscar

Abanca, premio Excelencia Empresarial

Publicado o 13/02/2020 21:22

Abanca foi distinguida polo Club Financeiro de Santiago na sétima edición do seu premio Excelencia Empresarial. Recolleuno Juan Carlos Escotet hai uns minutos na capital galega, de mans do presidente da Xunta. En Abanca traballan 6.000 persoas. Ten 700 oficinas en España, e o seu volume de negocio roza os 85.000 millóns de euros anuais. O presidente do banco con sede en Betanzos di que os cambios na dixitalización obrigan a mudar o xeito de traballar conforme a regras, que cambian moi axiña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020