CRTVG

Buscar

Abanca obtén un beneficio neto de 405 millóns, un 6,7% máis que en 2018

Publicado o 04/02/2020 12:06

Abanca consolídase como un dos bancos máis rendibles de España. En 2019 obtivo 405 millóns de euros de beneficio, un 6,7 por cento máis que hai un ano.

A entidade pechou 2019 cunha rendibilidade do 10 por cento e un volume de negocio de máis de 85.000 millóns de euros. O seu presidente di que isto lles permíte afirmar que "lograremos superar os nosos obxectivos da planificación estratéxica establecidos para o trienio 2018, 2019 a 2020"

O resultado apóiase no dinamismo comercial das pequenas e medianas empresas e no achegado coa compra de Caixa Geral e Deutsxe Bank. Unha aposta pola integración do mercado portugués nun banco que quere ser ibérico. Abanca elevou a carteira de clientes en máis de catrocentos mil en doce meses e que quere seguir crecendo.

Juan Carlos Escotet  aseguraba que traballan na "posibilidade de seguir aproveitando oportunidades de crecemento inorgánico que poida xurdir"

Abanca seguirá apostando polo negocio dos seguros, outro dos piares do seu crecemento. E por baixar a taxa de morosidade, que non chega ao 3%